Novas e publicacións
    September 30, 2026

    Remato o primeiro mes publicando en LinkedIn

    Remato o primeiro mes publicando en LinkedIn

    Balance do primeiro mes de EMIBA: diagnósticos gratuítos, checklist de viabilidade de marca e conversas con empresas que dan o salto fóra de España.

    Remato o primeiro mes publicando en LinkedIn. Empezou coa web aberta e unha pregunta sinxela no aire: a túa marca está protexida? Desde entón houbo diagnósticos gratuítos, a checklist de viabilidade de marca circulando entre bastante xente, e conversas sobre como diferenciar unha marca, un nome comercial e unha denominación social... sobre incoterms, sobre que precisa unha peme para dar o salto fóra de España. E sobre todo, moitas conversas interesantes con empresas que se expoñen ese salto: cara a Suíza, cara a Europa, ou simplemente protexer mellor o que xa teñen construído aquí. Grazas a quen comentastes, preguntastes ou compartistes durante este primeiro mes por aquí. Isto non fixo máis que comezar.