November 04, 2026
Pechando o segundo mes publicando en LinkedIn

Un mes dedicado a marcas: oposicións, requirimentos, tipos de marca e a guía gratuíta. En novembro abro o foco a contratos internacionais e España–Suíza.
Pechando o segundo mes publicando en LinkedIn.
Este mes foi puramente de marcas: de onde veño con isto, un caso de oposición que se complicou de verdade e outro que se resolveu cunha simple conversa, como protexerte se che chega un requirimento, e algunhas curiosidades que non todo o mundo coñece sobre os tipos de marca que existen.
Grazas a quen comentou, preguntou ou pediu a guía sobre oposicións. Se aínda non a tes, segue en pé: escribe OPOSICIÓN en calquera das miñas publicacións e enviarucha.
En novembro vou empezar a abrir o foco máis alá das marcas: contratos internacionais e como traballo entre España e Suíza. Se hai algo concreto que che gustaría que tratase, dime nos comentarios.