Novas e publicacións
    October 21, 2026

    Antes de responder a un requirimento de marca, revisa isto

    Antes de responder a un requirimento de marca, revisa isto

    Recibir un aviso de infracción dá medo, pero non todos os requirimentos teñen o mesmo peso. Tres comprobacións clave antes de reaccionar.

    Recibir unha carta ou un correo electrónico dicindo que a túa marca infrinxe os dereitos doutra empresa dá medo. Pero non todos os requirimentos teñen o mesmo peso, e reaccionar mal pode saírche máis caro que o problema orixinal. Antes de responder nada, tres cousas a comprobar: 1️⃣ ¿A marca que din infrinxida está realmente rexistrada, e en que clases? Ás veces o requirimento baséase nunha marca caducada, non renovada, ou rexistrada nunha categoría que non ten nada que ver coa túa. 2️⃣ ¿Cando se rexistrou cada unha? A data de prioridade importa: se a túa marca é anterior, a posición de forza pode ser xusto a contraria á que che están expondo. 3️⃣ ¿Que che están pedindo exactamente? Non é o mesmo un requirimento que pide deixar de usar o nome, que un que reclama unha indemnización, ou que simplemente busca abrir unha negociación. O que nunca recomendo: nin ignoralo, nin responder por impulso o mesmo día que o recibes. ¿Recibiches algunha vez un requirimento así, ou coñeces a alguén a quen lle teña pasado?