Novas e publicacións
    October 29, 2026

    As 5 sorpresas ao dar o salto internacional

    As 5 sorpresas ao dar o salto internacional

    A miña marca está protexida, e agora que preciso para vender ou comprar fóra? En novembro, serie sobre contratos internacionais, provedores e Incoterms.

    Levo un mes falando de marcas. E hai unha pregunta que me facedes unha e outra vez: "Vale, a miña marca está protexida. E agora que preciso para vender (ou comprar) fóra?" Na miña experiencia, as mesmas 5 sorpresas aparecen cando unha empresa dá o salto internacional: 1️⃣ O contrato "de sempre" non serve noutro país. 2️⃣ Non está claro que lei se aplicaría se algo sae mal. 3️⃣ O provedor parecía fiable… ata que deixou de contestar. 4️⃣ Os custos e riscos do transporte non estaban claros (Incoterms). 5️⃣ O cobro chega tarde, ou non chega. Durante novembro vou dedicar esta serie a contratos internacionais, provedores, Incoterms e todo o que convén saber antes de comerciar con outros países. Con casos reais que me fun atopando. Comezamos o martes. Cal das 5 che pasou a ti? 👇